mércores, 16 de abril de 2014

Novo libro para saber todo sobre a cociña con cogomelos!

Despois de falar un pouco sobre a colleita de cogomelos e os distintos tipos que hai en Galicia, toca tratar a fase final: a cociña con cogomelos. Para iso recomendamos acudir a este magnífico exemplar sobre todo o que necesitas para cociñar os sempre deliciosos cogomelos. Falamos de "Os cogomelos na cociña e outras cousas". Deixamos aquí a descrición do libro:
Os cogomelos na cociña e outras cousas é unha singular achega á literatura gastronómica. Atopamos pratos que podemos encadrar na 'nova cociña' e outros que adaptan receitas tradicionais, convertendo os cogomelos habitualmente, tratándose tanto unhas como outras de composicións innovadoras. Valorando a importancia do coñecemento do que a natureza pon nas nosas mans, a súa utilización para fins gastronómicos e o papel da conservación, a obra está concibida en tres partes: Na primeira, Na cociña cos cogomelos, preséntase un pequeno mostrario dos cogomelos máis apreciados na cociña e unhas notas sobre conservación e precaucións básicas a ter en conta cando estes se recollen para comer. Na segunda, Receitas, propóñense diversas preparacións do cociñeiro Pedro Roca, un dos maiores e mellores divulgadores da excelencia dos cogomelos na cociña, e de Paco Bernabeu, Manolo Costas, Quico Fraguela, José Andrés Moure e Andrés Roca. Na terceira, Da nosa Asociación, faise un repaso das actividades da Asociación Micolóxica Viriato nos seus trinta anos de andaina.
Ligazón para adquirir o libro: http://www.baiaedicions.net/galego/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario