martes, 8 de abril de 2014

Lexislación sobre a recollida de cogomelos en Galicia


A Xunta anunciou no pasado mes de xaneiro que estaba traballando nunha nova lexislación sobre a recollida do cogomelo en Galicia. Foi un feito totalmente novidoso para os interesados nos cogomelos, que deberán andarse con moito ollo a partir de agora.

A regulación sobre a recollida de cogomelos atópase recollida na nova Lei de Montes, que establece un principio fundamental: que o dono do monte é o propietario dos recursos forestais que nel se producen e ten dereito ao seu total aproveitamento.

Naqueles montes que teñan aprobado pola Administración forestal só se necesitará unha notificación previa. E se non teñen instrumento de ordenación, requirirán solicitude de autorización.

Pero o máis importante son as novas limitacións por modalidades por persoa para ir recoller cogomelos:


  1. Consumo propio: ata un máximo de 2 quilos por persoa e día, sempre que non sexan produto de plantación-.
  2. Comerciais: requiren autorización do propietario do monte.
  3. Fins científicos: limitado a 5 unidades representativas por especie.

Ningún comentario:

Publicar un comentario