domingo, 27 de abril de 2014

Libros sobre a cociña de cogomelos


  1. Cogomelos de Galicia e norte de Portugal: “Cogomelos de Galicia e norte de Portugal” é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia. Desde o rigor científico e o alto nivel de esixencia da súa autora, a bióloga e profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, este libro aborda múltiples facetas de coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, desde as cuestións máis científicas, como a súa situación taxonómica e clasificación, a súa nomenclatura e etimoloxía, a súa morfoloxía, os seus cheiros e arumes, as claves dicotómicas para identificalos, a outras cuestións como a elaboración dunha micoteca ou herbario de cogomelos, a toxicidade e as intoxicacións, un extenso e detallado catálogo de cada unha das especies acompañadas dunha amplísima documentación gráfica, e tamén aspectos máis divulgativos e lúdicos como a súa gastronomía (con numerosas receitas de cociña), a súa presenza na literatura, na artesanía, etc., acompañados de varios índices eficaces para a súa localización, que fan deste libro unha guía fermosa e útil.
  2. Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsula
  3. : Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que se desexan achegar á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste da Península, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos. Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é “500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular”.
  4. Nove ducias de cogomelos de ourense
  5. Cogomelos medicinaisunha guía sinxela, na que tanto afeccionados ao mundos dos cogomelos coma non iniciados, poden atopar datos interesantes. O libro componse de doce fichas con descricións dos fungos e dos seus hábitats, das súas propiedades e indicacións e mesmo unha receita de cociña de cada un deles. A modo de curiosidade inclúense tamén seis cogomelos non comestibles mais con beneficiosas propiedades das que tamén se aproveita a industria farmacéutica.
  6. Os cogomelos nos ecosistemas forestais galegos:  
  7. : A micoloxía constitúe unha ciencia apaixonante á que cada día se lle suman máis afeccionados que amosan o seu interese por coñecer non só novas especies, senón tamén outros aspectos destes seres vivos nos que a relación cos ecosistemas forestais ten unha fonda razón de ser. Esta obra conxuga estes dous aspectos e constitúe unha nova visión dos fungos, con información novidosa de temas ata agora pouco coñecidos e relacionados coa silvicultura. A historia da micoloxía en Galicia, o manexo dos fungos no laboratorio e no monte e a descrición pormenorizada das especies máis interesantes están presentes nesta obra, escrita cunha linguaxe sinxela para os que se inician, pero tamén coa rigorosidade que precisan os profesionais da silvicultura e a micoloxía. Os autores, Francisco J. Fernández de Ana-Magán, membro do equipo de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, e Antonio Rodríguez Fernández, biólogo na Xunta de Galicia, cunha ampla experiencia neste campo, trasladaron ás páxinas do libro, ademais de numerosos traballos e experiencias realizadas no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, algunhas das cuestións que espertaron maior interese nos cursos, conferencias e charlas impartidas por toda a xeografía peninsular, poñendo un especial coidado en empregar unha metodoloxía que facilita a comprensión do fascinante mundo dos fungos.

sábado, 26 de abril de 2014

Cogomelos en Galicia: os máis tóxicos (I)

Neste post do blog imos falar un pouco sobre os cogomelos que hai en Galicia.

  AMANITA PHALLOIDES e AMANITA VERNA: Son cogomelos carnosos, de sabor e cheiro agradables. Teñen láminas brancas e o pé con anel péndulo e volva moi ampla e membranosa, semellante a un saquiño. O sombreiro é verde, amarelo ou branco en Amanita phalloides e branco puro, en Amanita verna.

  LEPIOTA HELVEOLLA e LEPIOTA BRUNNEOINCARNATA: Parecense ós “cerrotes” (Macrolepiota procera), pero o sombreiro mide menos de 8 cm de diámetro, o pé é delgado e o anel é fixo, se un intenta movelo, rompe, a diferencia do cerrote que se despraza ben ó longo do pé. Teñen láminas brancas e non presentan volva.

 Esta é a guía de onde sacamos a información: http://www.sergas.es/cas/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/Alimentos/cogomelos_toxicos.pdf

mércores, 23 de abril de 2014

Colleita de cogomelos

Este é unha guía estupenda para saber como levar a cabo a colleita de cogomelos: http://blog.pepecar.com/viajes/excursiones-y-escapadas/lugares-para-recoger-setas-en-espana-y-consejos-para-su-recoleccion/

Como realizar a colleita de cogomelos

Hai varias formas de recoller cogomelos, pero só unha é válida, aquela na que se recollen só cogomelos comestibles sen a menor dçubida. Nunca se deben recoller cogomelos moi vellos ou moi novos. Neste vídeo explícase perfectamente como colleitar cogomelos sen medo a equivocación.

luns, 21 de abril de 2014

Cogomelos en Galicia (tipos de cogomelos máis frecuentes)

Galicia é unha terra na que abundan os cogomelos, xa que ten unha humidade e temperaturas adecuadas para o seu desenvolvemento. E de paso aproveitamos para recordar cales son os cogomelos non recomendados para colleitar (artículo do blog Mister Cogomelo). 

Estes son os cogomelos máis habituais en Galicia:


  1. Armillaria mellea 
  2. Cogomelo dos cabaleiros 
  3. Cantarelos 
  4. Cogomelo de cardo
  5. Boletos o Andoas