domingo, 27 de abril de 2014

Libros sobre a cociña de cogomelos


  1. Cogomelos de Galicia e norte de Portugal: “Cogomelos de Galicia e norte de Portugal” é, sen dúbida, a mellor e máis completa e actualizada publicación divulgativa dedicada á micoloxía en Galicia. Desde o rigor científico e o alto nivel de esixencia da súa autora, a bióloga e profesora da Universidade de Vigo Marisa Castro, este libro aborda múltiples facetas de coñecemento dos cogomelos en Galicia e no norte de Portugal, desde as cuestións máis científicas, como a súa situación taxonómica e clasificación, a súa nomenclatura e etimoloxía, a súa morfoloxía, os seus cheiros e arumes, as claves dicotómicas para identificalos, a outras cuestións como a elaboración dunha micoteca ou herbario de cogomelos, a toxicidade e as intoxicacións, un extenso e detallado catálogo de cada unha das especies acompañadas dunha amplísima documentación gráfica, e tamén aspectos máis divulgativos e lúdicos como a súa gastronomía (con numerosas receitas de cociña), a súa presenza na literatura, na artesanía, etc., acompañados de varios índices eficaces para a súa localización, que fan deste libro unha guía fermosa e útil.
  2. Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsula
  3. : Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que se desexan achegar á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste da Península, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos. Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é “500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular”.
  4. Nove ducias de cogomelos de ourense
  5. Cogomelos medicinaisunha guía sinxela, na que tanto afeccionados ao mundos dos cogomelos coma non iniciados, poden atopar datos interesantes. O libro componse de doce fichas con descricións dos fungos e dos seus hábitats, das súas propiedades e indicacións e mesmo unha receita de cociña de cada un deles. A modo de curiosidade inclúense tamén seis cogomelos non comestibles mais con beneficiosas propiedades das que tamén se aproveita a industria farmacéutica.
  6. Os cogomelos nos ecosistemas forestais galegos:  
  7. : A micoloxía constitúe unha ciencia apaixonante á que cada día se lle suman máis afeccionados que amosan o seu interese por coñecer non só novas especies, senón tamén outros aspectos destes seres vivos nos que a relación cos ecosistemas forestais ten unha fonda razón de ser. Esta obra conxuga estes dous aspectos e constitúe unha nova visión dos fungos, con información novidosa de temas ata agora pouco coñecidos e relacionados coa silvicultura. A historia da micoloxía en Galicia, o manexo dos fungos no laboratorio e no monte e a descrición pormenorizada das especies máis interesantes están presentes nesta obra, escrita cunha linguaxe sinxela para os que se inician, pero tamén coa rigorosidade que precisan os profesionais da silvicultura e a micoloxía. Os autores, Francisco J. Fernández de Ana-Magán, membro do equipo de investigación do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, e Antonio Rodríguez Fernández, biólogo na Xunta de Galicia, cunha ampla experiencia neste campo, trasladaron ás páxinas do libro, ademais de numerosos traballos e experiencias realizadas no Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, algunhas das cuestións que espertaron maior interese nos cursos, conferencias e charlas impartidas por toda a xeografía peninsular, poñendo un especial coidado en empregar unha metodoloxía que facilita a comprensión do fascinante mundo dos fungos.

sábado, 26 de abril de 2014

Cogomelos en Galicia: os máis tóxicos (I)

Neste post do blog imos falar un pouco sobre os cogomelos que hai en Galicia.

  AMANITA PHALLOIDES e AMANITA VERNA: Son cogomelos carnosos, de sabor e cheiro agradables. Teñen láminas brancas e o pé con anel péndulo e volva moi ampla e membranosa, semellante a un saquiño. O sombreiro é verde, amarelo ou branco en Amanita phalloides e branco puro, en Amanita verna.

  LEPIOTA HELVEOLLA e LEPIOTA BRUNNEOINCARNATA: Parecense ós “cerrotes” (Macrolepiota procera), pero o sombreiro mide menos de 8 cm de diámetro, o pé é delgado e o anel é fixo, se un intenta movelo, rompe, a diferencia do cerrote que se despraza ben ó longo do pé. Teñen láminas brancas e non presentan volva.

 Esta é a guía de onde sacamos a información: http://www.sergas.es/cas/documentacionTecnica/docs/SaudePublica/Alimentos/cogomelos_toxicos.pdf

mércores, 23 de abril de 2014

Colleita de cogomelos

Este é unha guía estupenda para saber como levar a cabo a colleita de cogomelos: http://blog.pepecar.com/viajes/excursiones-y-escapadas/lugares-para-recoger-setas-en-espana-y-consejos-para-su-recoleccion/

Como realizar a colleita de cogomelos

Hai varias formas de recoller cogomelos, pero só unha é válida, aquela na que se recollen só cogomelos comestibles sen a menor dçubida. Nunca se deben recoller cogomelos moi vellos ou moi novos. Neste vídeo explícase perfectamente como colleitar cogomelos sen medo a equivocación.

luns, 21 de abril de 2014

Cogomelos en Galicia (tipos de cogomelos máis frecuentes)

Galicia é unha terra na que abundan os cogomelos, xa que ten unha humidade e temperaturas adecuadas para o seu desenvolvemento. E de paso aproveitamos para recordar cales son os cogomelos non recomendados para colleitar (artículo do blog Mister Cogomelo). 

Estes son os cogomelos máis habituais en Galicia:


  1. Armillaria mellea 
  2. Cogomelo dos cabaleiros 
  3. Cantarelos 
  4. Cogomelo de cardo
  5. Boletos o Andoas

A cociña con cogomelos: como lograr o máximo sabor?



A pregunta que formulamos hoxe no título do post é o que nos preguntamos todos os que nos gustar saír a colleitar cogomelos en Galicia.

 O esforzo de colleitar cogomelos non serve de moito se non logramos cociñalos adecuadamente. Non existe ningunha fórmula máxima para lograr o máximo sabor, aínda que a clave sempre está en facelo de forma sinxela. Tamén é moi habitual utilizar os cogomelos como complemento doutos pratos.

 A parte máis aproveitable é o sombreiro (parte superior), que se pode cociñar na sartén, a parrilla ou na cazuela. Aquí tedes un exemplo dos amigos de Eroski COnsumer, que suxiren esta deliciosa receita.

domingo, 20 de abril de 2014

As regras básicas para a colleita de cogomelos

As normas básicas que hai que ter en conta na colleita de cogomelos:


  • A primeira e máis importante é que se debe respectar ao máximo a vida animal. 

  • Respecto para vida vexetal e animal.

  • Non deixes residuos.

  • Utiliza unha cesta, non bolsas de plástico.

  • Evita ao máximo o uso de vehículos motorizados

  • Identifica a cogomelo. Se tes dúbidas, mellor non levalo.

venres, 18 de abril de 2014

Consellos para a colleita de cogomelos



Hoxe adicamos esta entrada do blog para falar da colleita de cogomelos. Cales son as claves para ter éxito na misión de ir recoller cogomelos ao monte e que hai que ter en conta.

  1. Os cogomelos necesitan dispor de humidade e ao mesmo tempo de calor para desenvolverse. Os cogomelos en Galicia teñen un caldo de cultivo moi bo. 
  2. Os meses de outono son os mellores para ir recoller cogomelos.
  3. As primeiras veces que saías en busca de cogomelos deberíase ir acompañado dunha persoa con experiencia. 
  4. Os cogomelos deben recollerse en cestas, non en bolsas de plástico. Este último material dificulta a transpiración dos cogomelos e evita a proliferación de esporas.
  5. En caso de que non se identifique un cogomelos, déixao pasar.
  6. Evita recoller cogomelos maduros e pequenos, xa que non son moi bos para o consumo.

mércores, 16 de abril de 2014

Novo libro para saber todo sobre a cociña con cogomelos!

Despois de falar un pouco sobre a colleita de cogomelos e os distintos tipos que hai en Galicia, toca tratar a fase final: a cociña con cogomelos. Para iso recomendamos acudir a este magnífico exemplar sobre todo o que necesitas para cociñar os sempre deliciosos cogomelos. Falamos de "Os cogomelos na cociña e outras cousas". Deixamos aquí a descrición do libro:
Os cogomelos na cociña e outras cousas é unha singular achega á literatura gastronómica. Atopamos pratos que podemos encadrar na 'nova cociña' e outros que adaptan receitas tradicionais, convertendo os cogomelos habitualmente, tratándose tanto unhas como outras de composicións innovadoras. Valorando a importancia do coñecemento do que a natureza pon nas nosas mans, a súa utilización para fins gastronómicos e o papel da conservación, a obra está concibida en tres partes: Na primeira, Na cociña cos cogomelos, preséntase un pequeno mostrario dos cogomelos máis apreciados na cociña e unhas notas sobre conservación e precaucións básicas a ter en conta cando estes se recollen para comer. Na segunda, Receitas, propóñense diversas preparacións do cociñeiro Pedro Roca, un dos maiores e mellores divulgadores da excelencia dos cogomelos na cociña, e de Paco Bernabeu, Manolo Costas, Quico Fraguela, José Andrés Moure e Andrés Roca. Na terceira, Da nosa Asociación, faise un repaso das actividades da Asociación Micolóxica Viriato nos seus trinta anos de andaina.
Ligazón para adquirir o libro: http://www.baiaedicions.net/galego/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html

domingo, 13 de abril de 2014

Cociña con cogolemos

Se queres saber como cociñar con cogomelos... Aquí vos deixamos un vídeo.

Guía de cogomelos en Galicia

Para os amantes da cociña con cogomelos, da colleita de cogomelos... ou simplemente dos cogomelos en Galicia temos unha gran nova: pódese consultar un novo catálogo de cogomelos da Fungipedia. Inclúe descripcións completas da cada unha das especies de cogomelos. Están todos os cogomelos! 

 Este é o enlace para consultar esta guía dos cogomelos galegos: http://www.fungipedia.org/hongos.html

venres, 11 de abril de 2014

Unha aplicación para distinguir cogomelos en Galicia!

Hoxe falamos dunha aplicación para móbiles que foi desarrollada fai dous anos, pero que era necesario deixar constancia da súa existencia.Trátase dunha aplicación para teléfonos que utilicaen o sistema Android e que foi desenvolvida por micólogos galegos. Está dispoñible no Google Play. O usuario que atope no campo un cogomelo que descoñeza pode identificar a especie que viu.

martes, 8 de abril de 2014

Lexislación sobre a recollida de cogomelos en Galicia


A Xunta anunciou no pasado mes de xaneiro que estaba traballando nunha nova lexislación sobre a recollida do cogomelo en Galicia. Foi un feito totalmente novidoso para os interesados nos cogomelos, que deberán andarse con moito ollo a partir de agora.

A regulación sobre a recollida de cogomelos atópase recollida na nova Lei de Montes, que establece un principio fundamental: que o dono do monte é o propietario dos recursos forestais que nel se producen e ten dereito ao seu total aproveitamento.

Naqueles montes que teñan aprobado pola Administración forestal só se necesitará unha notificación previa. E se non teñen instrumento de ordenación, requirirán solicitude de autorización.

Pero o máis importante son as novas limitacións por modalidades por persoa para ir recoller cogomelos:


  1. Consumo propio: ata un máximo de 2 quilos por persoa e día, sempre que non sexan produto de plantación-.
  2. Comerciais: requiren autorización do propietario do monte.
  3. Fins científicos: limitado a 5 unidades representativas por especie.

luns, 7 de abril de 2014

Unha clase sobre cogomelos: recoller e cociñar

Aquí deixo un vídeo moi didáctico para saber como identificar cogomelos. É unha saída ao campo con nenos galegos para identificar e logo cociñar cogomelos.

domingo, 6 de abril de 2014

Coñecendo un pouco máis sobre os cogomelos en Galicia


O termo correcto para referirse a esta seta é 'cogomelo', aínda que é máis habitual escoitar falar de 'cogumelos'. Pero que é o cogumelo? 

 Un cogomelo é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. A época na que se fan máis visibles en superficie é o outono, especialmente cando quenta o sol despois de que chova bastante. A maior parte normalmente crece ao pé dunha árbore.