Un blog sobre cogomelos en Galicia. Ademais, falamos de cociña con cogomelos e de colleitalos.
luns, 21 de abril de 2014
A cociña con cogomelos: como lograr o máximo sabor?
A pregunta que formulamos hoxe no título do post é o que nos preguntamos todos os que nos gustar saír a colleitar cogomelos en Galicia.
O esforzo de colleitar cogomelos non serve de moito se non logramos cociñalos adecuadamente. Non existe ningunha fórmula máxima para lograr o máximo sabor, aínda que a clave sempre está en facelo de forma sinxela. Tamén é moi habitual utilizar os cogomelos como complemento doutos pratos.
A parte máis aproveitable é o sombreiro (parte superior), que se pode cociñar na sartén, a parrilla ou na cazuela. Aquí tedes un exemplo dos amigos de Eroski COnsumer, que suxiren esta deliciosa receita.
domingo, 20 de abril de 2014
As regras básicas para a colleita de cogomelos
As normas básicas que hai que ter en conta na colleita de cogomelos:
- A primeira e máis importante é que se debe respectar ao máximo a vida animal.
- Respecto para vida vexetal e animal.
- Non deixes residuos.
- Utiliza unha cesta, non bolsas de plástico.
- Evita ao máximo o uso de vehículos motorizados
- Identifica a cogomelo. Se tes dúbidas, mellor non levalo.
venres, 18 de abril de 2014
Consellos para a colleita de cogomelos
Hoxe adicamos esta entrada do blog para falar da colleita de cogomelos. Cales son as claves para ter éxito na misión de ir recoller cogomelos ao monte e que hai que ter en conta.
- Os cogomelos necesitan dispor de humidade e ao mesmo tempo de calor para desenvolverse. Os cogomelos en Galicia teñen un caldo de cultivo moi bo.
- Os meses de outono son os mellores para ir recoller cogomelos.
- As primeiras veces que saías en busca de cogomelos deberíase ir acompañado dunha persoa con experiencia.
- Os cogomelos deben recollerse en cestas, non en bolsas de plástico. Este último material dificulta a transpiración dos cogomelos e evita a proliferación de esporas.
- En caso de que non se identifique un cogomelos, déixao pasar.
- Evita recoller cogomelos maduros e pequenos, xa que non son moi bos para o consumo.
mércores, 16 de abril de 2014
Novo libro para saber todo sobre a cociña con cogomelos!
Despois de falar un pouco sobre a colleita de cogomelos e os distintos tipos que hai en Galicia, toca tratar a fase final: a cociña con cogomelos. Para iso recomendamos acudir a este magnífico exemplar sobre todo o que necesitas para cociñar os sempre deliciosos cogomelos. Falamos de "Os cogomelos na cociña e outras cousas". Deixamos aquí a descrición do libro:
Ligazón para adquirir o libro: http://www.baiaedicions.net/galego/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.htmlOs cogomelos na cociña e outras cousas é unha singular achega á literatura gastronómica. Atopamos pratos que podemos encadrar na 'nova cociña' e outros que adaptan receitas tradicionais, convertendo os cogomelos habitualmente, tratándose tanto unhas como outras de composicións innovadoras. Valorando a importancia do coñecemento do que a natureza pon nas nosas mans, a súa utilización para fins gastronómicos e o papel da conservación, a obra está concibida en tres partes: Na primeira, Na cociña cos cogomelos, preséntase un pequeno mostrario dos cogomelos máis apreciados na cociña e unhas notas sobre conservación e precaucións básicas a ter en conta cando estes se recollen para comer. Na segunda, Receitas, propóñense diversas preparacións do cociñeiro Pedro Roca, un dos maiores e mellores divulgadores da excelencia dos cogomelos na cociña, e de Paco Bernabeu, Manolo Costas, Quico Fraguela, José Andrés Moure e Andrés Roca. Na terceira, Da nosa Asociación, faise un repaso das actividades da Asociación Micolóxica Viriato nos seus trinta anos de andaina.
domingo, 13 de abril de 2014
Guía de cogomelos en Galicia
Para os amantes da cociña con cogomelos, da colleita de cogomelos... ou simplemente dos cogomelos en Galicia temos unha gran nova: pódese consultar un novo catálogo de cogomelos da Fungipedia. Inclúe descripcións completas da cada unha das especies de cogomelos. Están todos os cogomelos!
Este é o enlace para consultar esta guía dos cogomelos galegos:
http://www.fungipedia.org/hongos.html
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


