Amosando publicacións coa etiqueta cogomelos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cogomelos. Amosar todas as publicacións

mércores, 16 de abril de 2014

Novo libro para saber todo sobre a cociña con cogomelos!

Despois de falar un pouco sobre a colleita de cogomelos e os distintos tipos que hai en Galicia, toca tratar a fase final: a cociña con cogomelos. Para iso recomendamos acudir a este magnífico exemplar sobre todo o que necesitas para cociñar os sempre deliciosos cogomelos. Falamos de "Os cogomelos na cociña e outras cousas". Deixamos aquí a descrición do libro:
Os cogomelos na cociña e outras cousas é unha singular achega á literatura gastronómica. Atopamos pratos que podemos encadrar na 'nova cociña' e outros que adaptan receitas tradicionais, convertendo os cogomelos habitualmente, tratándose tanto unhas como outras de composicións innovadoras. Valorando a importancia do coñecemento do que a natureza pon nas nosas mans, a súa utilización para fins gastronómicos e o papel da conservación, a obra está concibida en tres partes: Na primeira, Na cociña cos cogomelos, preséntase un pequeno mostrario dos cogomelos máis apreciados na cociña e unhas notas sobre conservación e precaucións básicas a ter en conta cando estes se recollen para comer. Na segunda, Receitas, propóñense diversas preparacións do cociñeiro Pedro Roca, un dos maiores e mellores divulgadores da excelencia dos cogomelos na cociña, e de Paco Bernabeu, Manolo Costas, Quico Fraguela, José Andrés Moure e Andrés Roca. Na terceira, Da nosa Asociación, faise un repaso das actividades da Asociación Micolóxica Viriato nos seus trinta anos de andaina.
Ligazón para adquirir o libro: http://www.baiaedicions.net/galego/os-cogomelos-na-coci-a-e-outras-cousas.html

domingo, 13 de abril de 2014

Guía de cogomelos en Galicia

Para os amantes da cociña con cogomelos, da colleita de cogomelos... ou simplemente dos cogomelos en Galicia temos unha gran nova: pódese consultar un novo catálogo de cogomelos da Fungipedia. Inclúe descripcións completas da cada unha das especies de cogomelos. Están todos os cogomelos! 

 Este é o enlace para consultar esta guía dos cogomelos galegos: http://www.fungipedia.org/hongos.html

martes, 8 de abril de 2014

Lexislación sobre a recollida de cogomelos en Galicia


A Xunta anunciou no pasado mes de xaneiro que estaba traballando nunha nova lexislación sobre a recollida do cogomelo en Galicia. Foi un feito totalmente novidoso para os interesados nos cogomelos, que deberán andarse con moito ollo a partir de agora.

A regulación sobre a recollida de cogomelos atópase recollida na nova Lei de Montes, que establece un principio fundamental: que o dono do monte é o propietario dos recursos forestais que nel se producen e ten dereito ao seu total aproveitamento.

Naqueles montes que teñan aprobado pola Administración forestal só se necesitará unha notificación previa. E se non teñen instrumento de ordenación, requirirán solicitude de autorización.

Pero o máis importante son as novas limitacións por modalidades por persoa para ir recoller cogomelos:


  1. Consumo propio: ata un máximo de 2 quilos por persoa e día, sempre que non sexan produto de plantación-.
  2. Comerciais: requiren autorización do propietario do monte.
  3. Fins científicos: limitado a 5 unidades representativas por especie.

domingo, 6 de abril de 2014

Coñecendo un pouco máis sobre os cogomelos en Galicia


O termo correcto para referirse a esta seta é 'cogomelo', aínda que é máis habitual escoitar falar de 'cogumelos'. Pero que é o cogumelo? 

 Un cogomelo é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. A época na que se fan máis visibles en superficie é o outono, especialmente cando quenta o sol despois de que chova bastante. A maior parte normalmente crece ao pé dunha árbore.